Fotos das creacións dos virus que crearon os nosos alumnos.

A semana pasada propuxemos como actividade que cada neno debuxase ou crease o virus como el desexase.

Estas son algunhas das fotografías que nos ides enviando.

Amelia, da aula de tres anos, enviounos a maqueta do seu virus. 

Carla, tamén da clase de tres anos, debuxou o seu virus.

Lara, ao igual que Amelia e Carla da aula de tres anos, tamén nos enviou o seu debuxo do virus.

Ari, da aula de catro anos, debuxou como se imaxina ela ao COVID-19.

Álvaro, da aula de cinco anos, ademais de debuxar ao virus tamén nos enviou unha historia de como poder acabar con el. Canta imaxinación!!

Eloi, tamén da clase de cinco anos, creo o virus, así como, coa axuda de súa nai, recreou unha cidade.

Andrea, da clase de cinco anos, tamén nos mandou o seu debuxo de como ela se imaxina ao virus e de como podemos eliminalo.

Breogán, da clase de 4 anos, tamén creou ao seu virus con plastilina.

Gústanos moito todas as vosas creacións, pero desexamos que o virus real marche dunha vez, pois temos moitas ganas de volver á escola e compartir momentos con todo o noso alumnado. Como dicía unha das vosas compañeiras o outro día nunha das súas fotos: Un día máis é un día menos. Ánimo.