#stayathome_ English homeworks

Monday, 30th of March

Good Morning!

How are you?

Espero que esteades todos ben. Para facer esta semana e para as vacacións (deixo bastante tempo para non vos sobrecargar con tanto exercicio) , vouvos deixar un par de fichas que son para facer de comprensión lectora, é dicir, un Reading. Tedes que facer as fichas lendo a story da Unit 4, Space Explorers 2, que tedes no libro de Inglés.

Se alguén non ten o libro na casa, por favor que me mande un e-mail para atopar unha solución.

As fichas non tedes que imprimilas se non tedes os recursos, xa que podedes contestar os exercicios nun folio, e logo comprobar as respostas cando eu as suba á Web, cousa que farei cando remate a semana santa. Mirade que hai unha actividade de Listen and write; adxunto o audio para que a poidades facer, pero se vos parece complicada non vos preocupedes, que xa a explico cando suba as solucións. De todos modos, intentádeo! O que tedes que facer e escribir nos tellados o nome dos edificios, para saber cal é o Bank, o restaurant,etc... Mirade ben os símbolos e logo escoitades o audio.

Tamén vou ofrecer un día de titoría online por se alguén quere preguntarme algo ou falar un pouco en English. Para acudir á reunión, teredes que entrar en meet.jit  e onde pon "Start a new meeting" escribides "auladeshadia" e dádeslle a GO. Estarei dispoñible na sala virtual o Xoves ás 11:30.


Ademáis das fichas para facer o Reading, deixo aquí as respostas do Listening:

- Where are Charlie and Vineeta? They are at the park

- What's Charlie's favourite activity? His favourite activity is mini golf

- When can they play mini golf? At two o'clock

Para a volta das vacacións, toca comezar a Unit 5! Non vos preocupedes, que farei outro vídeo divertido para explicarvos os novos contidos.

E por certo! Se queredes tamén xogar un pouco en English, aquí tedes un TRIVIAL online para pasalo ben.

See you soon!

AdxuntoTamaño
Space_Explorers_2_activities44.pdf222.93 KB
Space_Explorers_2_activities45.pdf193.39 KB
Audio CD 2. Track 37..mp31.54 MB