Xoves 26 de marzo

Bos días!

O traballo para mañá xoves será o seguinte:

Matemáticas: unha ficha sobre as unidades de medida e o paso dunha a outra. Comezamos pola lonxitude.

Lingua: Uns exercicios de repaso sinxeliños.

Naturais: Gustouvos o vídeo de onte? Entendéstedelo? Outro día seguiremos traballando o tema da enerxía. Hoxe propóñovos que fagades un texto explicando a información básica sobre os cogomelos para un grupo de persoas que participan nunha actividade na que vós sodes monitor@s. Animádesvos?

Unha aperta.