Instrucións para enviar un vídeo dende o teléfono

Boas!

Deixo aquí unhas instrucións de como enviar os vídeos directamente dende o teléfono ao meu correo, faise en menos de 5 minutos!

* Adxunto unha imaxe onde podedes ver o paso a paso.

1- Abrimos a Galería de imaxes

2- vamos á carpeta de Vídeos e escollemos o que queremos enviar

3- cando escollemos o vídeo, aparecen varias opcións debaixo e unha delas é a de Compartir

4- cando lle damos a Compartir, aparecen unha serie de opcións, a nós a que nos interesa é a de Gmail

5- dámoslle a Gmail e aparece o cuadro para enviar o arquivo por correo, e onde aparece o meu correo aparecerá a vosa dirección, e debaixo onde pon "para" tedes que poñer o meu correo. Logo, dámoslle a esa flecha pequena que aparece enriba á dereita que é a de Enviar.

Calquera cousa, por favor enviádeme un correo.

AdxuntoTamaño
como_enviar_video_correo.jpg357.11 KB