#stayathome _ SPEAKING

Hello again!

Estos días non nos podemos esquecer de practicar o Speaking, e como seguimos separados imos buscar un modo de xuntarnos para que eu poida correxir a vosa pronunciación.

Por tanto, ímonos convertir durante uns días en aprendices de Youtubers, eses que tanto vos gustan a moitos de vós. Eu vouvos deixar o enlace ó meu vídeo practicando o vocabulario que xa todos coñecemos, e tomando exemplo do que veredes no vídeo, faredes o seguinte:

Coa axuda dos vosos pais e nais, grabaredes dous vídeos curtos.

- In the first video (no primeiro vídeo) tedes que saudar [ Hello!, Good morning, how are you? I'm good/ boring/ tired/ sad...] e contarme 3 das vosas cousas ou obxectos favoritos, como fago eu.

- In the second video, tedes que contarme qué cousas vos gusta facer durante a cuarentena, nun día, contando o que vos gusta facer "In the morning", "In the afternoon", "In the evening", "at night".

O vídeo non ten que quedar igual co meu, xa que eu o fixen con varias aplicacións e facendo unha montaxe no meu ordenador, pero o importante é que anotedes nun papel o que queredes contar nos vídeos, que practiquedes a pronunciación, e que grabedes as escenas usando o vocabulario.

Logo teredes que enviarme os vídeos ao correo que xa vos indiquei, shadia.correo.mestra@gmail.com, para ver os vídeos divertidos que ides facer, e con todos os vosos vídeos farei unha montaxe que veremos todos xuntos cando voltemos ás nosas aulas.

Tedes ata o martes que ven para enviar os vídeos! Con todo, o xoves subirei algunha actividade que non vos leve demasiado tempo, para que practiquedes o Listening.

Aquí vai o meu vídeo!!

How do you spend time during quarantine?

Eu utilicei...

- o meu teléfono smartphone

- snapchat para os filtros

- a aplicación Boomerang para os vídeos en bucle

- a cámara normal do teléfono

Podedes facer máis de dous vídeos se o vedes necesario ou se tedes algunha idea orixinal, pero non vos compliquedes e disfrutade da actividade que é o importante!

See you soon!