Ciencias Naturais

Ola! Espero que todos estedes moi ben nas vosas casas cas vosas familias e estedes aproveitando estes días de confinamento para disfrutar dos vosos familiares. Por outro lado, lembrades que estivemos falando de facer un experimento? Pois aquí vos deixo un vídeo para que visualicedes e intentedes facelo na casa. Para intentalo só necesitamos un tarro de cristal, algodón ou un trozo de papel de cociña e un puñadiño de lentellas. Ademais gustaríame que fósedes anotando o que vai ocurrindo nun folio para cando regresemos a clase o poidamos engadir nesa bonita carpeta que cada un de vós fixestes para estes traballiños. O nome do experimento nº2  é: "Xerminación de lentellas". Ánimo a ver qué sae! Unha aperta.

https://www.youtube.com/watch?v=ySwkerHztvg