Traballo para o luns 23

Bos días a todas e todos!

Que tal estades? Espero que ben, e non moi aburrid@s con esta situación. Vainos tocar ter paciencia e levalo o mellor posible.

Deixovos o traballo para mañá:

Lengua: Supoño que saberedes que nestes días de descanso entrou a primavera, non? Imos traballar sobre un poema da primavera de Antonio Machado.

Matemáticas: Unhas preguntas a partir dun gráfico de barras que debedes interpretar. Penso que vos resultará doado. Fixádevos e tede en conta cando vos falan de persoas en xeral ou de mulleres ou homes.

Sociais: A partir do mapa de España da páxina 157 do libro (ou calquera no que aparezan CCAA, provincias e capitais) cubrir unha táboa.

Lingua: Dádesvos conta de como cambia a nosa relación coas palabras? Se agora escoitamos coroa, en que pensamos? Ides escribir un pequeno relato (conto) no que apareza unha coroa, pero por favor que non a leve un virus... Quero que traballedes a expresión escrita así que non o fagades demasiado breve e por suposto ten que ser feito por vós, quero dicir que non vale un conto clásico de princesas, por exemplo. Lembrade a estrutura do conto que traballamos na clase: presentación da situación + problema + solución boa ou mala. 

Un saúdo e moito ánimo para o que nos queda. Xa veredes como todo vai ir ben.

AdxuntoTamaño
La primavera besaba.pdf46.56 KB
gráfico de barras.pdf309.16 KB
mapa España provincias CCAA.pdf42.2 KB