Bos días! Que tal estades? Seguro que ben. Para organizar mellor o traballo vouvos ir deixando algunhas actividades das materias que teriamos cada día. Imos cun día de retraso porque precisamos tempo para poñer a andar esta forma de traballo e a todos nos pillou desprevenidos. Hoxe traballaremos polo tanto lingua, lengua, sociais e mates, que sería o que teriamos feito onte na clase. Comezamos por mates... Recordades que o venres teriamos o exame do tema 8, non? Pois deixovos un modelo de exame e propóñovos que o fagades como se fose un exame real, vale? Tratade de facelo o mellor posible, REPASADE e non preguntedes ou miredes no libro ata que xa acabarades todas as opcións.
|
|||||||