Stay at home...but practice English! _ Parte I

Ola a tod@s! Agardo que estas dúas semanas pasen pronto e sempre con optimismo. Mediante esta plataforma comunicareivos e facilitareivos as tarefas e os materiais para que os vosos fillos e as vosas fillas poidan traballar os contidos da materia e repasen ben a Unidade correspondente. 

Os alumnos e alumnas de 4º tiñan instrucións de levar o libro e o portfolio de inglés para casa, con todo eu engadirei cando sexa preciso arquivos pdf con novas fichas e actividades.

Para comezar esta semana, os nenos e nenas deberán completar o seu Picture Dictionary ata a Unit 4, e rematarán os deberes que levaban para casa: un writing que deberán entregar cando se reanuden as clases. Os que xa o remataron, deberán ler a historia que ven ao final da Unidade 4.

Ademáis, deixo á vosa disposición o enlace para a plataforma de lecer de Oxford, para que os nenos se divirtan e exploren co inglés.

O mércores subirei unha nova ficha.

Moito ánimo!

Oxford online learning zone