O NOSO HORTO (15-03-19)

O venres, 15 de marzo, volvemos ter a actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

O alumnado, ademais de mirar con lupas o pulgón das fabas lobas e atopar distintos animais, tanto beneficiosos como prexudicias para as nosas plantas, plantaron.

  • Infantil: pementos de Padrón e leitugas rizas
  • 1º e 2º: amorodos
  • 3º e 4º: brócoli e tomates 
  • 5º e 6º: cebolas e amorodos