VISITA POLA VILA DE NOIA

     Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos una saída  relixioso-cultural pola vila de Noia,que celebraba o 850 aniversario da súa fundación e como Portus Apostoli.

Visitamos igrexas con moitos anos de historia,San Martín,Santa María a Nova,…(aquí tivemos ocasión de coñecer a colección máis numerosa e antiga no mundo de laudas gremiais; paseamos polas rúas onde vimos moitos símbolos relacionados co Camiño de Santiago e distintas casas señoriais cos seus escudos.

Rematamos no concello,preto da alameda,onde puidemos recorrelo todo guiados por unha concelleira ; alí simulamos un pleno facendo de alcalde  e representantes no cal tomamos decisións como eliminar todos  os exames,chegando a un acordo unánime.

Disfrutamos dun ratiño de lecer e voltamos ledos para Boiro.