TALLER DE 1º AUXILIOS COA ASC BOMBEIROS DE GALICIA

Este martes, 16 de febreiro, os nosos alumn@s de 6º participaron nun taller práctico de primeiros auxilios impartido pola ASC Bombeiros de Galicia.

Todos eles amosaron un gran interese na práctica de técnicas básicas de RCP e atragantamento, e demostraron un bo coñecemento dos primeiros auxilios máis básicos.

Desde a área de Educación Física quero amosar o meu agradecemento aos instructores do grupo DESA (María Canabal, Óscar Agra, Nico, César Caamaño, María Méndez e César Rajoy) que de forma totalmente desinteresada, fixeron posible levar a cabo este taller.

MOITAS GRAZAS!! E grazas de novo ao meu alumnado, que estivo traballando neste tema ao longo do mes de xaneiro.