DÍA DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos coma sempre o "Día da Paz". Este ano, os nosos alumnos e alumnas traballaron ao redor do vídeo " A disputa das cores", no que cada curso creou o seu propio lapis, cheo de debuxos e elementos que para eles evocan a paz. O resultado... no hall do noso colexio os atoparedes colgados!

Animádevos a visitalo e botarlles unha ollada!

De momento, aquí vos deixamos o vídeo sobre o que traballamos, da ONG "Entre culturas".