Matrícula de Educación Infantil e Primaria para o curso 2015 - 2016

RESERVA DE PRAZA:
Para alumnado que solicite cambiarse a un centro que non lle corresponde ou ao que non está adscrito.
Do 1 ao 15 de febreiro.
Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares.
O alumnado que siga cursando estudios no mesmo centro NON necesita facer esta reserva.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
Só para o alumnado novo que se matricula por primeira vez no centro.

Do 1 ao 20 de marzo. Entregar debidamente cuberto o ANEXO II
Dende o 22 de marzo ao 1 de abril. Presentación da documentación xustificativa dos méritos, sempre que non a presenten coa solicitude de admisión.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.
As listas provisionais publicaranse con anterioridade ao 25 de abril.
Poderán presentar reclamacións nun prazo de 5 días hábiles dende a súa publicación.
As listas definitivas publicaranse o 15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Do 20 ao 30 de xuño.

DOCUMENTACIÓN: tés toda a documentación necesaria no apartado Impresos e documentos. 

ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO:
- Termo parroquial de Abanqueiro, excepto os lugares de Ancados e O Chazo.
- Lugares de Brión e Sean
Límites:
- Lugar de Ancados.
- Km 1,1 da estrada provisional 1104.

DOCUMENTOS A PRESENTAR

Para formalizar a matrícula do seu fillo , debe presentar na Secretaría deste Centro a seguinte documentación. Cubrir correctamente tódolos  datos  persoais, familiares , profesionais e sanitarios dos  impresos que teñen que recoller no centro .

Só si se dera o caso.


  • Documento Custodia Legal.
  • Informe Médico no caso de que exista algún dato salientable, como pode ser :  enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou  medicamento…

NOTA INFORMATIVA 

Segundo está establecido na orde do 12 de marzo de 2013 que regula a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos, infórmase que:

1º- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. No caso contrario, perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén perderá dita prioridade se a documentación aportada non se axusta á realidade.

2º- Todo aquel alumno/a que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

3º- O alumno/a que ten reservada plaza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

OUTRAS NOTAS DE INTERESE

1.- Este centro está adscrito ó IES A Cachada-Boiro.

2- A área de influencia do centro é a que se amosa no mapa e na comunicación da Xefatura Territorial.

3- Este centro conta con servicio de transporte e comedor dependentes da Consellería, polo que deberán indicar que solicitan o uso de ditos servizos complementarios no momento de presentar a solicitude de admisión. Todos aquele/as alumnos/as que teñan a súa permanencia garantida (estan xa matriculados de anos anteriores) deberán solicitar cada ano no mes de maio mediante un escrito, o uso de dito transporte.

AdxuntoTamaño
Criterios Xerais en galego.pdf60.01 KB