Normas das actividades extraescolares do colexio de Abanqueiro.

- As actividades son para os nenos/a socios/a da ANPA (os que non sexan socios/as incrementaráselle o importe da actividade)

- Para inscribirse nalgunha actividade durante o curso escolar debe informarse na ANPA.

- Á saída da actividade é responsabilidade dos pais/nais recoller os nenos/as.

- É responsabilidade dos pais/nais avisar ao profesor/a se o neno/a vai ao cole e non vai a actividade.

- As datas das actividades están postas para todo o curso escolar.

Se por motivos alleos hai que recuperar algún día quedarase nos dous vindeiros días media hora máis con previo aviso aos pais/nais.

- A ANPA non se fai cargo da cuota dos nenos/as. Pagarase a actividade antes do día dez de cada mes ao profesor/a.

- En cada actividade o profesor/a ten as súas normas.