Iniciamos as aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Dentro do noso interese polo uso das TICs como unha ferramenta máis na aula, este curso 2013-2014, iniciamos un proxecto de aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Cabe recordar, que tódalas aulas contan con ordenadores e pouco a pouco estamos equipándoas con encerados dixitais (neste momento contan con encerados a aula de 1º, 2º de Primaria e Inglés).

Volvendo ao que nos ocupa, o centro vai desenvolver aulas dixitais en 5º e 6º (nos que se vai instalar en breve encerados dixitais) gracias ao material proporcionado por Aula Planeta

Trátase básicamente, de usar contidos dixitais que complementen o traballo na aula, e de trasladar as actividades e recursos ás familias e ao propio alumno ou alumna para que teña máis autonomía e liberdade ao facer as tarefas.

As familias que queiran participar, contarán cun código de acceso para o alumno/,a quen poderá traballar dende a casa. Este xeito de traballo é altamente enriquecedor e motivador, pois úsanse multitude de recursos multimedia. Tanto mestres/as como o alumnado poderá acceder a tódolos contidos publicados por planeta, como por exemplo as súas enciclopedias ou atlas. Os mestres/as poderán acceder a multitude de contidos, e levar un control do traballo realizado.

Invitámosvos a que visitedes a páxina do proxecto para obter máis información, e non vos preocupedes que os titores/as vos poñerán ao tanto no seu momento.

En principio aínda falta equipar as aulas co encerado dixital e necesitamos certo período de adaptación e formación para os titores/as e mestres participantes.

Tedes máis información aquí: http://www.aulaplaneta.com/