O CEIP Plurilingüe Abanqueiro inicia un novo sistema de comunicación coas familias.

Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. 

Empezamos con gañas renovadas e con novas ideas. Queremos, máis ca nunca estar en contacto coas familias e que a comunicación familia-escola sexa o máis efectiva posible. É por iso, que neste novo curso 2013-2014, dende o CEIP Plurilingüe Abanqueiro, iniciamos un novo sistema de comunicación coas familias.

Co afan de ter unha comunicación máis rápida, efectiva e directa, establecemos un sistema de comunicacións telemáticas mediante SMS e correo electrónico.

Outra finalidade deste sistema, é evitar o uso excesivo de recursos naturais e, en definitiva, adoptar unha actitude de protección do medio, mediante a reducción do gasto de papel e tintas.

Os vosos titores e titoras informaranvos do proceso e aclararanvos cantas dúbidas teñades.

Podedes descargar o impreso de Alta, Baixa ou Modificación, con toda a información, no apartado Secretaría: Impresos e formularios.