RESERVA DE PRAZA, ADMISIÓN E MATRÍCULA 17/ 18

NOTA INFORMATIVA:

Segundo o establecido na nova Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013,

infórmase que:

- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (o noso) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550A que se adxunta como Anexo I desta orde. O prazo de presentación de solicitudes estará comprendido entre o 1 e o 15 de febreiro.

- O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, que desexe cambiar a outro centro ou o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, deberá presentar no centro de orixe (o noso) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550B que se adxunta como Anexo II desta orde. O prazo de presentación de solicitudes estará comprendido entre o 1 e o 20 de marzo.

OUTRAS NOTAS DE INTERESE

1.- Este centro está adscrito ó IES A Cachada-Boiro.

2- A área de influencia do centro é a que se mostra no mapa e na comunicación da Xefatura Territorial.

3- Este centro conta con servicio de transporte dependente da Consellería, polo que deberán indicar que solicitan o uso de dito servizo complementario no momento de presentar a solicitude de admisión.
Todos aqueles alumnos que teñan a súa permanencia garantizada (están xa matriculados de anos anteriores) deberán solicitar cada ano no mes de maio mediante un escrito o uso de dito transporte.

4.- O alumnado que se matricula por primeira vez neste centro, aparte dos impresos de matrícula necesarios, debe entregar a autorización para o uso da imaxe na web do centro.

DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA:

Para formalizar a matrícula do seu fillo , debe presentar na Secretaría deste Centro a seguinte documentación:

•   Cubrir correctamente tódolos  datos  persoais, familiares , profesionais e sanitarios dos  impresos queteñen que recoller no centro .
•    Fotocopia do libro de familia.
•    Fotocopia dos D.N.I do pai , da nai , e do neno/a no caso de que este/a  o teña.
•    Certificado de Empadroamento.
•    Fotocopia da cartilla ou da tarxeta da SEGURIDADE SOCIAL.
•    Fotocopia da Tarxeta de Vacinas.
•    3 fotos recentes tamaño carnet do neno/a  co nome escrito por detrás.

Só se se dera o caso
•    Documento Custodia Legal
•    Informe Médico no caso de que exista algún dato salientable, como pode ser: enfermidade crónica, alerxia a algún alimento ou  medicamento….

ANEXOS - IMPRESOS A PRESENTAR. (tamén podes pedilos na secretaría do Centro)
ANEXO I Reserva de praza (ED550A)

ANEXO II Solicitude de admisión (ED550B)

ANEXO III-1 Formulario de matrícula en educación infantil e primaria.

Só para alumnado que se matricula por primeira vez no centro: Autorización para uso das imaxes na web, declaración xurada transporte e outros permisos (tamén dispoñibles como ficheiros adxuntos).

AdxuntoTamaño
20170201_admision.pdf709 KB
3anexos_formateados_ed550a_g.pdf876.74 KB
3anexos_formateadois_ed550b_g.pdf1.01 MB
declaración xurada transporte.pdf32.56 KB
outros permisos.pdf37.26 KB