Visita de Xosé Neira Vilas a Abanqueiro.

O próximo 28 de marzo, o afamado escritor galego Xosé Neira vilas, visitará a noso colexio. Despois de varios días de conversa, acordamos ter unha charla no Centro e unha posterior comida co profesorado.

Na súa visita ao CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO, falaranos da súa vida e obra, centrándose especialmente no libro "Memorias dun neno labrego" e no seu personaxe principal Balbino.

Como preparación desta importante visita, o Centro elaborou diferentes actividades entre o alumnado do terceiro ciclo, que é a quen vai dirixida especialmente a visita, se ben no segundo ciclo tamén se traballaron algúns contidos relacionados.

Balbino, e a súa vida foi traballado nas aulas e fíxose un mural na entrada do colexio para conmemorar a visita.

 

 

 

Compráronse varios exemplares como o da imaxe de "Memorias dun neno labrego" e tamén utilizamos material de traballo como o que vos poñemos a continuación: 

Xogo elaborado en LIM polo CEIP Frian-Teis.

Libro conmemorativo 50 Aniversario elaborado por alumnado dun cnetro educativo

En canto remate a visita teredes toda información de como se desenvolveu.