O grupo de pandereteiras do cole

As nosas pandereteiras do cole de Abanqueiro están a preparar unha peza para darvos unha sorpresa a través da radio. Lembrades o noso proxecto de radio escolar? Pois en breve escoitarédelas nela.

De momento están cos arranxos e ensaios… as pandereitas xa están botando fume, seguro que farán unha gran actuación. Ánimo a todas elas!!!

Aquí tedes as fotos dos ensaios: