4º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

IMPORTANTE!!!

INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA

4º PISTA

Boas amig@s! Levabamos semanas sen saber nada da nosa gaivota Pita, e é que estivo moi pachucha co Covid, pero por sorte xa está san e salva,  preparada para seguir voando e soñando esta aventura.

Así que amig@s volve a estar revoloteando polo noso ceo, deixando as súas fermosas plumas ciscalladas.

Estamos moi entusiasmados por esta nova pista. Un veciño de Abanqueiro atopou unhas plumas coloradas  mentres preparaba orellas  e filloas de Entroido. O conto é  que Pita se lle colou pola fiestra da cociña do noso veciño Cocó e deixoulle un recadiño.

Pita quérenos ensinar as nosas tradicións máis ancestrais, e elixiu a este señor que sabe moito para que nos conte como se vive aquí o Entroido.

Cocó vai vir cuns amigos a contarnos moitas historias. Estade moi atentos as súas explicacións  porque desa forma, descubriredes de que imos ir disfrazados este ano. Preguntádelle todo o que queirades, non vos quededes con ninguna dúbida, eles saben moito  das nosas tradicións.

Unha aperta moi forte amig@s. A nosa gaivota non nos esquece e mándanos un ramillete de bicos do sabor máis doce de Entroido.

Ata pronto aventureiros!!