3º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA                                ATENCIÓN!!!!

Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado.

Pois iso amigos, ide preparando tódalas cuestións e curiosidades que teñades sobre o concello de Boiro; porque é aí, no propio edificio do Concello onde nos dirixiremos esta vez. Moita ánimo a tod@s e ata pronto!

PD: Por certo, Pita mándanos milleiros de bicolos e que pasemos unhas felicies festas de Nadal. Seguiremos con mil aventuras máis no vindeiro ano, que virá cargadiño de sorpresas boas para tod@s!!

Apertas fortes!