SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

Bo día rapazada!

Como lembraredes, levamos dúas semanas na procura da nosa mascota Pita. O seu sitio preferido era estar pendurada no teito da biblioteca, alí víavos cando íades a ler, facer deberes, escoitaba as vosas risas, vía como buscabades os libros e vos alegrábades cando por fin, atopabades o que máis vos gustaba.

Ela era moi feliz, sempre estaba co sorriso no peteiro, pero ven o COVID e comezou a volverse gris, triste, sentíase moi soíña e super aburridaaaaa!!!!

De tanto cavilar o que podía facer para mudar de vida insípida e solitaria, ocorréuselle unha gran idea, emprender unha aventura divertidísima coa axuda de todos vós.

Aproveitando que as fiestras estaban abertas, deixouse caer e comezou o seu voo en liberdade, foi aí cando dicidíu comezar unha aventura que partiría do noso concello de Boiro e vós, nenas e nenos seredes os principais protagonistas.

Nesta viaxe quere que participemos todos. Ela convídanos a seguila e a buscar todas aquelas pistas que nos vai deixar polo noso concello e que; despois, colocaremos no mapa que veredes na entrada do colexio. 

Debemos de estar moi atentos ás pistas da Gaivota Pita. Ollo ás plumas de cores que encontremos este curso perdidas polas rúas, serán as que nos indiquen que lugares imos visitar, o que imos aprender e o ben que o pasaremos. E lembrade, Pita estará sobrevoando as nosas cabezas en toda esta aventura.

Fica moi entusiasmada e mándanos un bico moi grande a todas e todos.

Sorte amig@s. A gozar desta viaxe!!!