Organización do traballo desta semana

Bos días chic@s!

Comezamos a última semana do curso. Xa queda pouco para que poidades desfrutar do voso merecido descanso!

Esta semana imos organizar o traballo de xeito diferente. O primeiro cambio será a videoconferencia, que será o venres.

Para o luns e o martes envíovos unha comprensión lectora e os últimos exercicios de matemáticas. Ningún grupo deberá enviar para corrixir. Publicarei a corrección.

Para o mércores e o xoves enviareivos un material máis lúdico: enigmas e pasatempos.

Como vos dicía, o venres teremos a videoconferencia e remataremos o curso.

Adxunto a comprensión lectora.

Unha aperta!

AdxuntoTamaño
comprension lectora sexto.pdf66.78 KB