Actividades para a semana do 15 ao 19 de xuño.

   Estimadas familias e estimado alumnado, esta semana é xa a última do curso, por iso, ao igual que faríamos na escola, imos a facer unhas actividades moi especiais e lúdicas, que serán totalmente voluntarias.

   Como podedes ver a programación que propoñemos para esta semana é totalmente diferente á das semanas anteriores, pois agora xa non haberá actividades por días, senón que imos a proponer tres actividades que poderedes realizar.

   Se queredes podedes seguir facendo as rutinas do calendario e das emocións, pois na escola si que as faríamos.

   As actividades que propoñemos para esta semana son as seguintes:

BUSCADORES DE VIRUS.

   Agora xa somos expertos en eliminar virus, pois ao longo de todo este tempo fómonos convertindo en súper heroes capaces de vencelos e eliminalos.

   Por esta razón, queremos propoñervos unha actividade ben divertida. Trátase de que as familias debuxedes virus, de diversas cores e formas, polas diferentes partes da casa, onde sexan doados de borrar. A nosa recomendación é que empreguedes rotuladores tipo velleda (os que se usan para escribir nas pizarras brancas)

   Unha vez que teñades os virus debuxados pola casa, os nenos terán que convertirse en detectives para conseguir atopalos e eliminalos, frotando cun trapo impregnado con auga e xabón, ou “armados” cun trapo e un “flis” para limpar.

   Como podedes ver, nas fotografías seguintes, as mestras xa eliminamos os que atopamos no cole. Agora tócavos a vós.

        

       

      

   

   Tamén vos deixamos exemplos doutros virus que xa foron atrapados e eliminados noutras casas.

   

         

   Se queredes, as familias podedes facerlle unha lista dos virus que debuxástedes, para que eles recollan cantos atoparon de cada un. Un exemplo de lista podería ser esta:

EXPERIMENTOS CON AUGA: AUGA MÁXICA!!!

   Hoxe faremos un experimento con auga, imos a facer desaparecer as cores dun debuxo cando o introducimos nun recipiente con auga e, ao sácalo, volverán a aparecer. FACEMOS MAXIA!!!

   Para facer este experimento necesitades:

  • Un folio, podemos cortalo tamaño cuartilla.
  • Unha bolsa plástica, tipo zip.
  • Rotuladores.
  • Lápices ou ceras de cores.
  • Un recipiente con auga.

   Como facemos:

1. No folio facemos o debuxo que nós queiramos con rotuladores e coloreámolo coas ceras ou os lápises de cores.

2. Unha vez que temos o debuxo feito, introducímolo na bolsa de zip e cerramos ben.

3. Agora chega o momento da MAXIA!! Metemos a bolsa co debuxo dentro do recipiente con auga e imos vendo como as cores van desaparecendo. Cando imos sacando o debuxo da auga, as cores volven a aparecer. FIXEMOS MAXIA!!!

   Deixovos un vídeo onde podedes ver como se realiza a tarefa. Espero que vos guste.

   Deixámosvos tamén diferentes enlaces con xogos de auga divertidos. A nosa intención era que puidéramos realizar algún destes xogos nesta última semana, pero visto que o tempo non nolo permite, aportámolos igual, por se os queredes realizar ao longo do verán.

 

 

XA TOCA DESPEDIRSE!

   Este curso xa está case rematado, e, como levamos dicindo dende o 12 de marzo, non foi o que nós quixéramos que fose. A estas alturas estaríamos todos despedíndonos, falando do que imos a facer no verán e dando bos desexos para pasalo xenial.

   Como a situación nos nos permite despedirnos como a todos nos houbese gustado, as mestras de infantil tivemos unha pequena idea. Que vos parece se cada un de vós escribe, debuxa, representa,…, unha mensaxe de despedida para os compañeiros e as compañeiras e logo saca unha foto con ela ou fai un pequeno vídeo, de non máis de 20 segundos. Con todas as que recibamos as mestras faremos un vídeo para despedir este curso.

   Esta actividade si que ten data límite de entrega, pois senon non nos dará tempo a preparar o vídeo para o venres 19 de xuño, que será o día que o publiquemos no blogue de infantil.

   Todos os que queirades participar podedes mandar a fotografía ou o vídeo coa mensaxe despedida ata o mércores 17 de xuño. 

Esperamos as vosas creacións.

Nenos e nenas, familias, como podedes ver esta semana non vou a deixar ningunha actividade impresa. Ao longo de todos estes meses estivéstedes traballando moito e agora xa toca descansar e disfrutar das vacacións que tendes todos ben merecidas.

   Gustaríame rematar dando as GRAZAS a todos vós e ás vosas familias, pois todo isto foi moi complicado para todos, e vós respondéstedes, tanto alumnado como familias, como uns CAMPIÓNS.

De verdade, GRAZAS e mil veces GRAZAS. Sen vós isto non houbese sido posible.

Un abrazo e unha aperta xigante da vosa profe.