ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Esta semana xa é a última do curso, como fariamos na escola, imos a realizar unhas actividades moi especiais e lúdicas; serán totalmente voluntarias.

As actividades que propoñemos son as seguintes:

BUSCADORES/AS DE VIRUS.

Agora que xa somos expertos en eliminar virus, vouvos propoñer unha actividade moi divertida.

Trátase de que as familias debuxedes virus de diferentes cores por distintos lugares da casa, onde sexan doados de borrar. A miña recomendación é que empreguedes rotuladores Velleda( dos que se empregan para escribir nas pizarras blancas).

Unha vez que os virus estean debuxados, os nenos/as terán que atopalos e eliminalos cun trapo con auga e xabón.

Como podedes ver as mestras xa eliminamos os que atopamos no cole, agora tócavos a vós!!!!

 

 

Tamén vos deixamos exemplos, doutros virus que foron atopados e eliminados noutras casas.

 

 

Si queredes podedes anotar cantos virus atopáchedes nas vosas casas, así as familias podedes facer unha lista dos virus que debuxástedes para que eles conten cantos eliminaron( déixovos un exemplo nun arquivo adxunto).

AUGA MÁXICA

Hoxe traballaremos un fenómeno óptico da refracción da luz ao pasar pola auga. 

Que  necesitamos?

· Papel e rotulador. 

· Lapis de cores.

· Bolsa de plástico tipo ZIP. 

· Recipiente cheo de auga. 

Que comece a maxia, paso a paso!

1. Realizaremos un debuxo no noso folio para a continuación metelo dentro da bolsa de plástico tipo zip. 

2. Calcaremos na bolsa so aquelas partes que queremos que se vexan do noso debuxo cando o metamos na auga. 

3. Introducimos a bolsa dentro da auga. É importante o ángulo dende o que observamos o debuxo (sendo como no vídeo) para poder facer desaparecer parte do debuxo, xa que é a incidencia da luz ao atravesar a auga e chegar ao plástico o que crea este fenómeno óptico. 

Espero que disfrutedes ao realizar este sinxelo experimento! 

 

Deixámosvos diferentes enlaces con xogos de auga divertidos por se os queredes realizar ao longo do verán.

https://www.youtube.com/watch?v=_qN7iVplb2k

https://youtu.be/fWsXkDLUqa4

https://youtu.be/rLLimbnFfUQ

https://www.youtube.com/watch?v=AFBqIxAMTbg

 

A nosa intención era que  puiderades realizar algún destes xogos nesta última semana, pero visto que o tempo non sei se o permitirá, aquí vos quedan para botar man deles cando queirades.

O último que vos imos pedir é que nos enviedes unha foto ou  mensaxe de despedida( data límite de entrega o mércores 17 de xuño para despedirnos todos/as).

Ata aquí chegou esta aventura, unha aventura chea de maxia e fantasía na que grandes e pequenos/as disfrutamos moitiño!!!

Unha aperta moi grande meus pequerrechos/as de parte da profe María!!!

A vós familias, mil grazas pola vosa colaboración e implicación en todo este proceso. Unha aperta moi forte!!!

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADE IMPRESA.pdf369.22 KB