Traballo para o venres e correccións do mércores

Bos días chicas e chicos!

Sabedes que hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente? Estou segura de que xa avanzastes en reducir a vosa pegada ecolóxica... Lembrades? Aquela man que pintamos con cinco compromisos persoais para ser máis respectuosos coa natureza. Non a esquezades e ide traballando pouco a pouco para facer o menor dano posible ao medio natural. Sabedes que a nosa vida depende diso.

Último traballo desta semana:

- Matemáticas: Páxina 173. Exercicios 1 e 2.

- Lengua: Lede as páxinas 190 e 191 e facede os exercicios 5, 6, 7, 8 e 9 da páxina 192.

Adxunto a corrección do traballo do mércores.

Que pasedes unha boa fin de semana!

Unha aperta!

AdxuntoTamaño
corrección Matemáticas página 171.pdf57.12 KB
Corrección naturais.pdf4.43 KB