English storybook_ Everybunny dance

Hello again!

How are you?

Que tal co ABC? Para divertirnos un poco this weekend (esta fin de semana) déixovos aquí o link dun conto moi chulo:

EVERYBUNNY DANCE

Escollemos a opción "Read along". É un storybook narrado en English así que tedes que activar os altavoces e axustar o volume. Ademáis, nas imaxes da story irán aparecendo estreliñas que cando as pulsamos co rato ou co dedo reproducen sons e música.

No conto, que significa " Todos os coelliños bailan", un grupo de coellos (BUNNIES) está preparando unha festa con música e baile (MUSIC and DANCE) cando, de súpeto, aparece un raposo (FOX) e todos se esconden detrás duns arbustos. Observan que o raposo está bailando e cantando, pero ninguén o anima e ninguén o felicita pola súa actuación, e está moi triste (SAD). Os coelliños deciden ser valentes e saír para aplaudir ó raposo, e todos xuntos seguen cantando e bailando.

Espero que vos guste o conto!

Happy weekend!