Videoconferencia Inglés

Friday, 22nd of May

Good morning!

How are you?

Para a semana faremos de novo unha breve vídeoconferencia para correxir xuntos un par de exercicios que vos quedan aquí adxuntos na publicación, e rematar así o repaso da Unit 2. Aproveitade para anotar dúbidas e repasar ben o vocabulario, e por favor lede ben os exercicios e repasade o vocabulario do libro, xa sabedes que se contestamos a correr ou sen fixarnos ben non aprendemos.

A conferencia será o MARTES 26, co mesmo horario da anterior:

 Aula_ DE_ shadiA

- Isaac, Daniel, Fredo, Mario, Sara, Paula : 12:00 - 12:30 h

- Iker, Andrea, Sarai, Nando: 12:30- 13:00 h 

- Hugo, Santi, Jorge, Rubén: 17:00

Tedes que traer os exercicios contestados á conferencia, e correxímolos xuntos. Mirade ben que de novo é completar un texto cunhas opcións que nos dan, e logo escribir pregunta e resposta "What's he doing?" (que está él facendo?) "He is......". E fixádevos ben, para poñer HE or SHE.

Deixo tamén aquí o link para un xogo interactivo online por se vos apetece facer algo divertido este finde para repasar English:

FALLING CLOUDS

Tedes que darlle ao PLAY e podedes escoller dende Verbs 1 ata Verbs 7 para practicar co -ing. Aparecen unhas nubes con palabras, e temos que ordenalas para facer ben unha frase. Non ides coñecer todos os verbos, pero podedes utilizar un dicionario, e ademáis ter en conta o seguinte, que as frases en English sempre comezan por un pronome (He, She, We...) e logo atópase o verbo. Como os verbos están en -ing as frases case sempre comezan así:

HE IS *VERB - ing* (e logo poden vir sustantivos ou adverbios por exemplo)

THEY ARE TALKING

SHE IS EATING A CAKE

HE IS SLEEPING ON THE SOFA

Intentádeo! A ver cantas frases podedes ordenar ben.

See you next week!

AdxuntoTamaño
Unit_2_reinforcement.png1.41 MB