ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O LUNS 18 DE MAIO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

Como xa coñecedes ao homenaxeado das Letras Galegas, hoxe déixovos un Escape Room( xogo de pistas) relacionado con este autor.

Clicade no seguinte enlace e a xogar: https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

Espero que vos guste!!!

Ademais déixovos unhas actividades impresas relacionadas coas LETRAS GALEGAS en documento adxunto.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 21( será obrigatoria).

ACTIVIDADES PARA O MARTES 19 DE MAIO  

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

BATALLA DE PALABRAS. O xogo que vos propoño para hoxe consiste en que a familia ou eles soliños escriban os nomes dos seus compañeiros de clase, farano nun cuarto de folio e logo de escribilo farán co papel como se fose unha pelota.

Logo faremos unha área de xogo, dividida en dúas partes, unha persoa en cada lado do campo. Se xogamos con mamá ou papá un dos adultos ponse nun lado do campo e o neno/a no outro.

Debemos tirar as bolas de papel dun campo ao outro, o adulto dirá cando é o momento de parar. Trátase de conseguir que nos queden o menor número de bolas no noso campo.

Os que quedan no campo do neno/a, lémolos e logo na actividade impresa que vos deixo como documento adxunto, escriben ao lado da foto do seu compañeiro/a o nome correspondente.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 22( será obrigatoria).

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES  20 DE MAIO  

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

Hoxe toca experimento: CORRENTES DE AZUCRE

    

Materiais:

Chocolates de cores. 

Auga quente.

Preparación:

Nun pequeno prato, tapa ou tapón colocamos unha serie de chocolates de diversas cores, intercalando uns tonos e outros. A continuación engadimos  un pouco de auga quente, para crear unha fina capa de líquido. As  cores iranse fundindo sen mesturarse entre si.

Clicade no seguinte enlace e podedes ver un vídeo do experimento:https://www.youtube.com/embed/2y3imqlWR_A 

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 23( de carácter obrigatorio). 

ACTIVIDADES PARA O XOVES  21  DE MAIO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

CAIXAS MUSICAIS: é unha caixa contedora de caixiñas, con cancións coñecidas polos nenos/as , que iremos sacando e cantando, de unha en unha. Ademais de cantar, exploran outros terreos moi importantes como normas de xogo, autocontrol,motricidade fina, estimulación sensorial, relación abstracta de obxecto- canción, linguaxe, etc. É unha actividade moi completa!

Como imos a facer unha CAIXA MUSICAL?

Pois o que necesitarás son cousas que seguro atopas pola casa:

Caixa grande con tapa. Será a caixa onde gardaremos todas as caixiñas pequenas coas cancións.

Caixiñas pequenas. Necesitarás tantas caixiñas como cancións queiras cantar. Podedes empezar con 5 e logo ir ampliando buscando. Se é posible, variedade tanto na forma, no material e na maneira de abrilas. Así conseguiremos estimulalos psicomotriz e sensorialmente. Se non dispoñedes de caixiñas, temos unha posibilidade(collemos tubos de papel hixiénico , dobramos os extremos e listo!

Obxectos pequenos ou tarxetas. Tantos como caixiñas pequenas e de medidas que poidan meterse nelas. Estes obxectos serán os que nos evoquen a canción a cantar polo que deberías de pensar primeiro cales son as cancións máis cantadas na casa ou polos vosos fillos/as, cancións infantís, panxoliñas... Logo buscade obxectos pequenos que as simbolicen, procurando variedade de materiais e texturas (por exemplo un botón para a canción “ Debaixo dun botón”.

Outra opción é utilizar papeis co título das cancións, palabras ou debuxos coas que as poidan relacionar. 

Para crear a caixa só tes que ir introducindo cada obxecto nunha caixiña e logo, todas na caixa grande e xa tedes a «CAIXA MUSICAL» lista para utilizar.

Os nenos/as poden colaborar con vós ou podédelos sorprender.

Elixide cancións que lles gusten!!

Como se xoga coa CAIXA MUSICAL cos nenos?

1º Buscade un espazo onde reunirvos todos os que vaiades a xogar.

2º Poñémonos diante da caixa e por quendas, collemos unha caixiña e abrímola para descubrir que contén… sacamos o obxecto, que colocamos sobre a caixa, para velo. Agora pensamos que canción nos recorda e cantámola.

3º Gardamos o obxecto na caixiña extraída deixámolo a un lado.

Continúa o xogo ata que cantemos todas as cancións. Procurade cambiar de vez en cando os obxectos de caixiñas así sorprenderanse cada vez que xoguen.

É un recurso xenial, divertido e moi útil para cando queirades tranquilizar os ánimos.

Déixovos un vídeo de como se xoga: https://youtu.be/IbZFnTpF4_U

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 24( de carácter obrigatorio).

ACTIVIDADES PARA O VENRES  22 DE MAIO 

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

XOGO DA TELARAÑA

 

O xogo  consiste en crear un pequeno circuíto con cintas, lá ou outro tipo de material que se vos ocorra. Tedes que facer un circuíto como se vós fósedes unha araña. Para facelo podedes empregar sillas ou pegando  cintas ou  lá á parede ( se empregades cinta tede coidado de que non levante a pintura).

Cando o circuíto está listo a xogar!!!

Clicade no seguinte enlace para ver como facelo:https://www.youtube.com/watch?v=xTt5vF6RWbI

Máis ideas: https://pin.it/74Uqr6m   

Pasádeo moi moi ben!!!

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 25( de carácter obrigatorio).

Bo finde, xogade moito e a disfrutar!!!

Moitos biquiños da profe!

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADE Nº 21 REPASA CON LAPIS E LOGO CON ROTULADOR A GRAFÍA DA LETRA E.pdf310.93 KB
ACTIVIDADE Nº 22 MONSTROS 2 OLLOS.pdf271.88 KB
ACTIVIDADE Nº 23 REPASA O VERME..pdf325.61 KB
ACTIVIDADE Nº 24 AXUDA AO PATIÑO A CHEGAR A XUNTO A SÚA MAMÁ.pdf76.36 KB
ACTIVIDADE Nº 25COMPLETA O CORPO DA ABELLA CON TRAZOS HORIZONTAIS.pdf239.51 KB
BATALLA DE PALABRAS.pdf311.66 KB
RICARDO CARVALHO CALERO.pdf61.91 KB
BUSCA AS TRES DIFERENZAS.pdf185.07 KB