Traballo para o venres 8 e correccións do mércores 6

Bos días!

Rematamos unha nova semana.

Hoxe faremos traballo de matemáticas, sociais e lingua.

Matemáticas: Fichas 49 e 50.

Lingua: Rematamos o libro do segundo trimestre e comezamos o do terceiro. No documento “Lingua galega” están recollidos uns exercicios de repaso do que traballamos os últimos días e os neoloxismos.

Sociais: Coñecedes a Gaudí? Hoxe gustaríame que virades uns vídeos sobre este xenio do modernismo. Fixádevos nas súas construcións nas liñas curvas, os elementos naturais, o papel da fantasía e a imaxinación... e en como traballa ata o mínimo detalle dos seus edificios.

Os dous primeiros vídeos mostran exemplos da súa arte e os dous últimos son os edificios da Pedrera e a Casa Vicens por dentro.

A ver que vos parecen. A min encántanme.

Entrega para corrixir o grupo 1.

Que pasedes un bo fin de semana!

Unha aperta!

AdxuntoTamaño
corrección ficha 45 matemáticas.pdf113.36 KB
corrección ficha 46 matemáticas.pdf172.82 KB
Corrección neoclásico e modernismo.pdf103.62 KB
Corrección lengua Página 165.pdf27.56 KB