#stayathome_ English task

Tuesday, 28th of April

Good Morning!

Onte esquecinme de publicar as solucións dos exercicios, pero xa vos queda adxunto o arquivo neste post. E para os que non estiveron na videoconferencia, a canción que tedes que ler e escoitar está na páxina 49 do libro.

Por outra parte, vouvos explicar en que consiste a tarefa que temos que facer sobre esta unidade de Daily routines: 

You have to draw a comic about your daily routines.

Tedes que debuxar un pequeno cómic sobre as vosas rutinas diarias... a que hora te levantas, a que hora merendas, a que hora fas os deberes... Mirade como fixen o meu!

Son oito viñetas, e en cada unha poñemos a hora que queiramos nunha esquina. Eu puxen "am" e "pm", que se lembrades do vídeo, quere dicir que se poñemos "9 am" é in the morning pero se poñemos "9 pm" quere dicir at night. Non é obrigatorio poñelo, podedes poñer 9:00 ou 9 o'clock e estaría ben igual, así que escollede vós.

Ademáis, pintar as viñetas é opcional!, se queredes pintalo sería estupendo, pero se vos parece moito traballo podedes facer so os debuxos (que se vexan ben as cousas please, non debuxos en miniatura). O MÁIS IMPORTANTE de este cómic é que ESCRIBADES BEN as daily routines, como fixen eu en cada viñeta --> I read a book at four o'clock, I get up at eigh o'clock.

NON FAI FALLA POÑER AS MESMAS COUSAS QUE PUXEN EU NO CÓMIC. Podedes copiar algunhas pero tamén tedes que pensar en cousas que facedes vós todos os días.

E se sodes valentes, podedes poñer tamén algún "half past" --> I have breakfast at half past nine.

Ok? You have all this week to work on your comics.

Tedes toda unha semana para facer o cómic, e cando o teñades enviade foto ó meu correo. Tamén se tedes algunha dúbida!

See you!

AdxuntoTamaño
ActivityBook_48_soluciones.pdf1.45 MB
IMG_20200409_140927.jpg105.88 KB