Mr Upside-down _ English song

Monday 27th of April

Hello again!

Como vos dixen na videoconferencia, aquí vos deixo o Audio para que escoitedes a canción de Mr. Upside-down da páxina 49 do libro. Non hai que aprendela, pero é importante que a escoitedes e miredes ben o texto, e que a intentedes cantar, sobre todo porque nos axuda a aprender millor as palabras e tamén a practicar a pronunciación, que é moi importante!

No vocabulario da canción temos:

Upside-down: quere dicir "do revés"

Wake up: despertarse

Coidado! non é o mesmo Wake up (despertarse) que Get up (cando nos levantamos da cama)

Have a shower: darse unha ducha

E logo temos as expresións que estivemos repasando hoxe: half past, quarter past, quarter to.

Lembrade que, para dicir "10 en punto", usamos "10 o'clock", pero para as demáis expresións que vimos, a hora principal vai ó final:

A QUARTER PAST TEN

HALF PAST TWO

A QUARTER TO FIVE

- What time is it? It's ten to five   (las cinco menos diez)

- What time is it? It's half past four  (las cuatro y media)

- What time is it? It's a quarter past ten  (las diez y cuarto)

Se nalgún momento queres facer unha titoría individual, para resolver dúbidas ou practicar un exercicio en inglés, enviade un correo e falamos.

See you!

AdxuntoTamaño
MR_UPSIDE_DOWN.Audio CD 2. Track 46..mp32.59 MB