Actividades para a semana do luns 27 ao xoves 30 de abril.

Estimadas familias e estimado alumnado, as tarefas para esta semana son as seguintes.

Luns 27 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Plantación de primavera: (actividade obrigatoria) hoxe apetécevos que plantemos unha planta.

Para facelo necesitaremos: 

  • Bolsa trasparente tipo zip.
  • Lentellas, garabanzos, fabas,…
  • Algodón.
  • Auga.

A actividade farase da seguinte maneira: 

1º: Depositamos as sementes sobre o algodón, dentro da bolsa, presionando para que queden ben asentados e fagan un bo contacto. 

2º: Tapamos con outro fragmento de algodón, lixeiramente mollado, e presionamos de novo.

3º: Pechamos a bolsa e… esperamos a ver o que ocorre.

Deixamos unhas imaxes de cómo debera ser o proceso da nosa semente:

      

                                                                                    

Deixámosvos tamén un conto, contado por nenos, que está moi relacionado con esta actividade. Esperamos que vos guste.

 

Actividades sobre a secuenciación da planta. Recomendamos facer esta actividade impresa unha vez que xerminou a vosa planta para que os nenos vexan o proceso. (Actividade obrigatoria) (Documento adxunto)

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 1. Esta actividade é obrigatoria

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Martes 28 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Cociñando palabras á mariñeira. Esta actividade é obrigatoria

Para realizar esta actividade necesitaredes as tarxetas con nomes dos animais mariños, os ovos coas sílabas, a imaxe da sartén e un mandil de cociña. Os animais mariños, os ovos e a sartén están no documento adxunto cociñando palabras sílabas.

Como xogamos?

1º Recortamos as tarxetas dos animais e os ovos, así como a sartén (podemos pedir axuda a un adulto para realizar esta parte).

2º Colocamos as tarxetas dos ovos coas silabas cara arriba sobre unha mesa e/ou bandexa.

3º Poñemos un mandil, pois como todos bos cociñeiros precisamos del, e así poremos aos nenos nunha situación de cociñar. Unha vez que temos o mandil posto colleremos a sartén que recortamos.

4º Escollemos a tarxeta do animal que nós queiramos (balea, estrela, calamar, nemo, peixe, golfiño, cuncha, polvo ou cangrexo).

5º Unha vez temos a tarxeta do animal intentamos leer o seu nome separando as sílabas. Logo temos que buscar os ovos que teñen as mesmas sílabas que a tarxeta que nos tocou. Colocamos os ovos que necesitamos na sartén e “cociñámolos” moi ben. Se queredes podedes empregar unha espumadeira para darlle algo máis de realismo.

6º Facemos unha foto da nosa comida. (Podedes enviárnola ao mail da aula)

Podemos repetilo tantas veces como queirades. O ideal sería tentar “cociñar” os nove animais que se presentan nas tarxetas. 

Deixo tamén o mesmo xogo, pero en lugar de ser con sílabas e soamente con letras, por se hai a algún neno que o das sílabas lle resulta moi complicado. (Documento adxunto Cociñando palabras letras)

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 2. Esta actividade é obrigatoria

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Mércores 29 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Sacapenas

Como queremos seguir enchendo a nosa web de conto, hoxe temos unha nova sorpresiña.

Despois de escoitar o conto que nos narrou a profe Mari podemos facer o noso propio sacapenas.

Deixamos un par de enlaces onde poderedes ver como se fan os sacapenas e a historia do mesmo.

 


 

Este video está en inglés, pero a partir do minuto 1,22 xa falan en castelán.

Existen outras moitas formas de facer sacapenas, se queredes podedes intentar facer un vós. 

Deixovos tamén unhas actividades sobre o conto do Sacapenas, que son totalmente voluntarias (documento adxunto)

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 3. Esta actividade é obrigatoria

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Xoves 30 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica.

Entre pegadas anda o xogo

Hoxe toca moverse e propoñemos un xogo de equilibrio e coordinación.

O xogo das pegadas é unha opción coa que os nenos estimularán o seu equilibrio e a súa coordinación ao mesmo tempo que aprenderán conceptos espaciais como a esquerda e a dereita.

Para levalo a cabo necesitarás as pegadas das mans e dos pés. Podedes imprimir as mans en cartolina ou folio de cor e os pés tamén, pero noutra cor diferente. Se non tendes cartolina podedes colorealas e pegalas nun cartón. 

Tamén temos outra posibilidade que poderá ser debuxar no chan as mans e os pés cun xiz, por exemplo.

Deixo un modelo de pegada de mans e de pés no Documento Adxunto Entre pegadas anda o xogo. Necesitaredes tantas pegadas de mans e tantas de pés como longo queirades que sexa o circuíto.

Unha vez que teñamos feitas as plantillas pegámolas ao chan cun pouco de cinta adhesiva facendo un circuíto. Empezaremos con un circuíto de pouca dificultade para logo complicalo pouco a pouco. Podemos deixar algún espazo no medio para que os nenos teñan que saltar, ao mesmo tempo que podemos combinar mans e pés, e incluso cruzalos, tanto os pés como as mans (poñer o pé ou man dereita na ezquerda do neno e a ezquerda na dereita) Podedes crear tantas combinacións como queirades. 

Deixamos algunhas imaxes que vos poden servir de modelo.

      

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática (Documento adxunto) e unha actividade de lectoescritura (Documento adxunto). Faredes as actividades marcadas como Actividade 4. Esta actividade é obrigatoria

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Día do traballo.

Dado que mañán celebramos o día do traballo, propoñémosvos que fagades un debuxo para as persoas que neste momento están traballando para que nós poidamos quedar na casa (sanitarios, corpos de seguridade, dependente/as, operarios/as de fábrica, traballadores/as de gasolineiras, traballadores/as do sector transporte, e un longo etc.)

A idea é que despois de facer os debuxos poidamos facerllos chegar a estas persoas, cando algún membro da familia saia ao supermercado, a traballar,…, ou simplemente poñelo nas ventas para que vexan o noso agradecemento.

Sería interesante que nos enviásedes as fotografías dos vosos debuxos para facer un muro das grazas dende o noso blogue.

Recordamos que para o Venres 1 de maio non deixaremos actividades posto que é festivo e para o próximo Luns 4 de maio tampouco, pois este, xunto co 20 de marzo, era un dos días pedidos polo centro como non lectivos.

NOTA: como podedes ver esta semana non deixo ningunha tarefa de ampliación, pois creo que hai suficientes ademais de que algunhas levaralle algún tempo lévalas a cabo, ademais ao longo da semana tamén hai algunha actividade impresa voluntaria que os nenos poderá facer se eles queren (sacapenas)

O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles.

Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Lóxica - matemática.pdf2.22 MB
Lectoescritura.pdf1.43 MB
COCIÑANDO PALABRAS LETRAS.pdf2.09 MB
COCIÑANDO PALABRAS SÍLABAS.pdf2.09 MB
ACTIVIDADES SACAPENAS.pdf187.49 KB
SECUENCIACIÓN DUNHA PLANTA.pdf347.4 KB
Entre pegadas anda o xogo.pdf228.53 KB