Queremos encher o blogue de contos!!!

Esta semana, que hoxe remata, celebramos O DÍA DO LIBRO.

As mestras de infantil propuxémosvos encher o noso blogue de contos.

Para iso cada un de vós tiña que gravar un vídeo lendo un conto.

Os primeiros xa comezaron a chegar.

Esperamos que vos gusten moito.

 Candela, da clase de cinco anos, narrounos o conto de El mago Martín.

Aroa, tamén da clase de cinco anos, leeunos O Grúfalo.

Alessia, da clase de tres anos, leeunos Tío Lobo.

Álvaro, da clase de cinco anos, narrounos o conto Ñam Ñam.

Breogán, da clase de catro anos, narrounos o conto de Os tres porquiños.

Noa Romay narrando o conto de Velliñas.

Lara narrándonos o conto de Cocorico.