Hoxe é... O DÍA DO LIBRO!!!

Estimadas familias e estimado alumnado, hoxe, como cada 23 de abril, dende fai 24 anos, celébrase o DÍA DO LIBRO.

Hai un proverbio hindú que dí o seguinte:

"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado un amigo que espera; olvidado, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora". 

Os libros son moi importantes, pois a través deles podemos soñar, ademais podemos descubrir novos lugares e vivir aventuras apasionantes.

Hoxe quero deixarvos un novo recurso que podedes empregar para xogar cos libros. É un pasapalabra de contos. Espero que o pasedes tan ben xogando con el como o fixen eu. Clicade no enlace e xa poderedes xogar.

https://aprendeconmigoyaprendocontigo.blogspot.com/2020/04/pasapalabra-especial-dia-del-libro.html 

Un saúdo e unha aperta da mestra.