Taller de Intelixencia emocional

Bo día a todos e a todas! Desexo de corazón que esteades todos ben. Mándovos moita forza e ánimo.

Continuamos co noso taller de INTELIXENCIA EMOCIONAL. Esta semana toca a emoción do COIDADO.

Coidar significa loitar por alguén que queremos, onde ás veces a túa vida persoal pasa a un segundo plano e,  en moitas ocasións, mudas o EU polo TI.

Cando coidamos? Non só coidamos ás demais  persoas, senón tamén a nós mesmos, aos animais e cousas e… por que o facemos? Pois por: gratitude, deber moral, reciprocidade, obrigación, sentimento de culpa, evitar censuras, altruísmo,  etc

Polo tanto, amigos, ímonos coidar moito entre nós todos e mimármonos.

Achego unha pequena lectura do sentimento do coidado e unhas actividades de reflexión.

Lembrade, este é o correo ao que vos podedes dirixir por se tedes dúbidas ou cuestións que queirades aclarar:  orientacionabanqueiro@gmail.com

A mestra de PT: Verónica

AdxuntoTamaño
COIDADO.pdf197.87 KB
amar_ficha_02_cuidado.pdf344.95 KB