Actividades para a semana do martes 14 de abril ao veres 17 de abril.

Estimadas familias e estimado alumnado, xa estamos outra vez de volta, e como podemos comprobar todos, seguimos confinados.

Tal e como vos informamos a través do abalar, as actividades agora irémolas publicando semanalmente, pois así o demandaron a maioria das familias na enquisa que realizamos.

Como ben vos informamos este terceiro trimestre si que será avaliable, tal e como indicou a inspección educativa, polo que entre as actividades que publiquemos haberá algunhas obrigatorias e outras non.

As actividades para esta semana son as seguintes:

Martes 14 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. (Volvemos a adxuntar o calendario do mes de abril por se alguén o necesita)

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. (Volvemos a adxuntar a casiña por se alguén a necesita.)

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que volvemos a adxuntar. 

Seguimos sendo súper heroes: ao noso súper heroe xa lle faltan poucas cousas, pois despois de debuxarlle nas semanas anteriores o traxe e mailo símbolo, agora toca poñerlle un nome ben orixinal.

Crearemos un banco de letras: para iso recortaremos letras de revistas, periódicos, envases,…, para logo xogar a compoñer palabras, neste caso serán nomes de animais mariños. No caso de que algunha letra non vos apareza poderedes escribila vós nun papel e logo recortala e pegala. Esta actividade é obrigatoria. Ver documento adxunto banco de letras.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 1. Esta actividade é obrigatoria. Ver documento adxunto de lectoescritura e de lóxica - matemática.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Mércores 15 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. 

Seguimos sendo súper heroes: para ir rematando ao noso súper heroe deberemos inventarnos a un compañeiro que o acompañará en todas as aventuras que el viva.

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 2. Esta actividade é obrigatoria. Ver documento adxunto de lectoescritura e de lóxica - matemática.

Coas mans na masa: hoxe toca actividade artística, imos a fabricar “masa” con fariña para estampar. 

Necesitaremos:

  • Fariña.
  • Auga.
  • Folios e/ou cartolinas.
  • Colorantes e/ou témperas (isto é opcional, a actividade sairá igual sen eles).

Modo de facelo: xuntamos a fariña e a auga, ata conseguir unha “masa” máis ben líquida, para elo precisamos dúas partes de auga e unha de fariña. Mesturamos todo ben e cando teñamos unha masa bastante líquida vertémola sobre unha superficie plana. Añadimos unhas gotas de colorante e/ou témpera e mesturamos as cores. Logo realizamos o debuxo que nós queiramos e, unha vez que o teñamos, deixámoslle caer un folio e/ou cartolina. Logo con coidado retirámolo e deixámolo secar. Unha vez que estea seco xa temos lista a nosa actividade.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Xoves 16 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. 

Seguimos sendo súper heroes: agora tócache dicir cal será o teu súper poder. Podes debuxalo ou que algún familiar che axude a explicalo (escribíndoo, gravándovos,…)

Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lóxica matemática e unha actividade de lectoescritura. Faredes as actividades marcadas como Actividade 3. Esta actividade é obrigatoria. Ver documento adxunto de lectoescritura e de lóxica - matemática.

Convertímonos en estatuas musicais: poñemos unha música que nos guste. Mentres esta soa bailamos como nós queiramos, iso si, tan pronto pare quedaremos como unha estatua. Podemos ir ampliando e/ou reducindo o tempo que dure a música para que sexa máis divertido.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Venres 17 de abril:

Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes. 

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. 

Seguimos sendo súper heroes: xa para rematar co noso súper heroe pedímosvos que inventedes un pequeno conto de cómo o voso súper heroe remataría co coronavirus. Podedes gravar un audio e mandárnolo ao mail da aula.

Conto: escollede un conto que a vós vos guste e realiza unha actividade da batería de contos que non realizaras aínda. Esta actividade é obrigatoria. Volvemos a adxuntar a batería de actividades dos contos así como a ficha.  

Xogos populares: existen moitos xogos populares, aos cales os nosos maiores (avós e avoas, tíos e tías, veciños e veciñas,…) xogaron cando eran cativos e cativas coma nós. Xa que levamos tempo sen velos é un bo momento para chamalos e que nos conten a que xogaban eles de cativos. Unha vez que nos contaron a forma que tiñan eles de divertirse levarémola nós tamén á práctica. (Debemos ter en conta que este xogo deberá poder realizarse dentro da casa). Esta actividade é obrigatoria. Podedes facer fotografías dos xogos que vaiades realizando.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Deixo unha serie de actividades de ampliación por se as queredes facer, aínda que eu non as recomendo, pois xa bastante traballo teñen coas actividades que deixamos propostas. Recordade que nós na aula non facemos máis de dúas actividades impresas diaria. (Documento adxunto, actividades de ampliación)

O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles.

Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Actividades de ampliación.pdf1.59 MB
Actividades vida práctica.pdf395.39 KB
Banco de letras.pdf70.81 KB
Batería de actividades dos contos.pdf34.4 KB
Ficha do conto.pdf19.44 KB
Lectoescritura semana 14 ao 17 de abril.pdf628.52 KB
Lóxica - matemática semana 14 ao 17 de abril.pdf472.9 KB
CALENDARIO ABRIL.pdf112.61 KB
EMOCIÓNS ABRIL.pdf384.89 KB