Buscamos obxectos que comecen pola inicial do nome que nós eliximos.

Non todo van a ser experimentos, polo que ás veces as mestra tamén nos piden que traballemos algo a lectoescritura, pero, sabedes unha cousa, hai formas moi divertidas de poder facelo, como esta actividade que nos pediron.

Tíñamos que buscar diferentes obxectos que comezasen o seu nome pola mesma inicial do noso propio nome ou do nome da persoa que nós elixíramos. Estes son os resultados.

Álvaro, da clase de cinco anos, escolleu o nome da súa cadeliña: Lara. Por iso os obxectos que buscou foron: loro, lápises e libro.

Cristina, tamén de cinco anos, escolleu o nome de Lía, a súa irmá, e os obxectos que buscou foron: leite, lámpara e lazo.

Pablo, tamén de cinco anos, escolleu o seu nome e atopou os seguintes obxectos: pandeireta, paraugueiro e pincel.

Breogán, da clase de catro anos, escolleu tres nomes diferentes: Lola, Merche e Sara, e atopou tres obxectos tamén diferentes: leite, muñeco e serpe.

Amelia, da clase de tres anos, escolleu o seu nome e atopou os seguintes obxectos: armario, asa, auga e avelás.

Carla, ao igual que Amelia, tamén escolleu o seu nome e atopou os seguintes obxectos: carriño, contos e culleres.

Lucía buscou pola casa moitos obxectos que tiveran a letra L, a inicial do seu nome. Atopou os seguintes: libro, puzzle, botella, colores, lámpara, televisión e mesilla.

Noa Fernández tamén buscou pola casa e atopou os seguintes obxectos que comezaban pola N coma o seu nome: nocilla, nariz e neveira.

Andrés, de tres anos, tamén escolleu o seu nome e atopou os seguintes obxectos: armario, asa e aspiradora.