Composición da primavera

Xa hai uns días que comezou a primavera, e as mestras propuxéronnos facer unha composición da mesma con obxectos naturais, se era posible, ou senón con calquera outro obxecto que a nós se nos ocurrise. Estas son as nosas creacións:

Amelia, fixo a súa composición con papeis de cores.

Carla fixo tres composicións diferentes. Empregou pinzas, cables, botóns, pedriñas e follas.

Lucía coa súa composición, para a cal empregou flores, follas, tapóns de botellas, paus, etc.

Breogán empregou lentellas, fabas e garabanzos para facer estas dúas flores.

Samuel usou herbas, pedriñas, arroz e pastas para facer a súa composición da primavera.

Pablo fixo dúas composicións diferentes, para elo empregou: pinzas da roupa, pompóns, depresores, follas, tapóns de botellas e letriñas.

Que bonitas quedaron todas.