Actividades para o venres 3 de abril de 2020.

Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas.

Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

Seguimos sendo súper heroes

Todo súper heroe leva un traxe que o representa. Hoxe propoñémosvos que ideedes o voso. Recordade que xa temos feito cal é o seu símbolo, polo tanto incluíde o voso símbolo dentro do seu traxe.

Recordade que onte deixamos un reto de súper heroe para que fagades durante todo o mes de abril. Coloreade cada día a parte da casiña que vos toca, así ao rematar o mes de abril poderemos comprobar cal foi a emoción que más sentimos ao longo de todo este mes.

Xogo motor.

Como todos sabemos o movemento é moi importante para que nos poidamos sentir mellor.

Como todas as semana hoxe propoñemos unha actividade de movemento. Deixámosvos o xogo da serpe motriz elaborado por Jairo Campo Vázquez, un mestre de educación física que, voluntariamente, ofrece os seus recursos para que todos os nenos os poidan disfrutar durante esta cuarentena.

Clicade no enlace e a disfrutar.

https://view.genial.ly/5e7fee153fea8d0db0cc31dd/game-serpiente-motriz

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

Como todos sabedes hoxe comezan as vacacións de Semana Santa, ainda que un pouco diferente a como acostumamos. Recordade que ata o martes 14 de abril non faremos entradas diarias no blogue. De todos os xeitos podedes seguir mandando as actividades que vaiades facendo.

Tamén queremos deixarvos un recurso para que poidades utilizar durante os días de vacacións se vos apetece. (Documento adxunto)

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
PASCUA DIVERTIDA.pdf641.83 KB