Actividades para o xoves 2 de abril de 2020.

Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas.

Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

Seguimos sendo super heroes

Para ser un bo super heroe é necesario que cada un de nós recoñezamos as nosas emocións, pois non tódolos días nos sentimos da mesma maneira.

Por iso hoxe vos propoñemos un novo reto, que deberemos ir completando ao longo de todo o mes de abril.  O reto consiste no seguinte:

Cada día do mes de abril iremos coloreando a parte da casa que nos toca, dependendo do día do mes no que nos atopemos (ver documento adxunto). Escolleremos a cor que mellor se asemelle a como nos sentimos no día de hoxe. Como poderedes ver na parte inferior da páxina aparecen sete emocións diferentes (alegría, tranquilidade, enfado, tristeza, medo, amor e aburrimento) e cada emoción ten asignada unha cor (amarela, verde, vermella, azul, negro, rosa e marrón).

Xa sabemos que hoxe é día dous de abril, pero podemos facer un pouco de memoria e recordar como nos sentimos no día de onte, así cando remate o mes de abril teremos a nosa casa toda coloreada.

2 de abril de 2020 Día Mundial da Concienciación do Autismo.

Dado que hoxe se celebra o Día Mundial da Concienciación do Autismo, dende o equipo de educación infantil proponemos crear corazóns de cores azuis, pois esta é a cor coa que se representa este día. Os corazóns podémolos facer co material que desexemos: cartolinas, ceras, papeis con diferentes tonos de azuis, goma eva, etc.

O ideal sería que, ao igual que fixéchedes cos arcos da vella, os puxérades nas ventás e tamén que fixésedes unha fotografía, a cal nos poderedes mandar ao mail da aula. 

Deixámosvos tamén unha canción, que enlaza coa cor que lle damos a este día e tamén nos recorda ao proxecto que estábamos levando a cabo na aula sobre o mar.

Clicade no seguinte enlace e poderdes descubrir a canción: https://www.youtube.com/watch?v=r0yMtDyVdSU 

 

https://www.aspanaes.org 

Dispoñedes de máis recursos para conmemorar este día no apartado de orientación da páxina do centro.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
EMOCIÓNS ABRIL.pdf384.89 KB