blogue deveronicavarela

5º PISTA DE PITA

5º PISTA DE PITA

4º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA                                ATENCIÓN!!!!

Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado.

2ª PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

INFORMACIÓN INÉDITA!!!!

Boa tarde amig@, informarvos que recentemente dúas nenas deste colexio atoparon a 2ª pista de Pita. Que nervios!!!!!

1º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

  1º PISTA

ÚLTIMAS NOVAS!!!!!

Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita.

Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida.

Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P.

"Airiños, airiños, aires"

"Adios, ríos; adios, fontes..."

ENTROIDO

UN DÍA DE MERENDOLA DE ENTROIDO EN ABANQUEIRO.

QUE BOS ESTABAN OS CHURROS CON CHOCOLATE E QUE BEN O PASAMOS TODOS DISFRAZADOS!!!

DÍA DA PAZ

Bo día amig@s!

O pasado 29 de Xaneiro celebramos o día da Paz no colexio, colgamos do teito un feixe de paraugas decorados polo alumnado así como de todo o persoal do centro. Deles penduran mensaxes de paz e amor en forma de pingas.

O APALPADOR

O APALPADOR

O MAGOSTO

MAGOSTO 2020

I CONCURSO DE CONTOS DE MEDO 2020

Aquí achegamos os premiados deste

I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN".

Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron:

4º E.P.

"O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández.

5º E.P.

COIDADO! XA ESTÁN AQUÍ

Os pequn@s de 6º de E.I. quérennos meter medo con esta máscara super chula que crearon! Aí vai....

VÍDEOS TERRORÍFICOS DO SAMAÍN

Bo día a todos! Aquí vos deixamos uns vídeos do día de Samaín.

Os nen@s de infantil decoraraon as portas das súas aulas e elaboraron unhas máscaras que meten medo. Os nenos de primaria pintaron as súas propias catrinas e traballaron en diversas unidades didácticas da temática.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Bo día amig@s!

O pasado venres 30 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín".

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as almas dos mortos pasan pola porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias.

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día familias!

Esta semana faremos fincapé no "Bo Humor"

Distribuir contido