Infantil e Primaria

Antroido 2014

Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes.

Luns:
O luns pola albotrada
Nada verás
por eso gafas traerás.

Martes:
Polo martes ó mencer
Unhas folliñas de árbore
Na cabeza tes qie traer

Mércores:
Arremanga o pantalón
Para ver
un calcetín de cada cor

Xoves:
O xoves pola mañanciña
O pixamiña
Non me quito de enriba

Cantamos no Día da Paz.

Para rematar as actividades do Día da Paz, todo o alumnado do centro reuniuse para cantar. Queres vernos? Pois aquí vai:

Celebración do Día da Paz 2014

O xoves 30 de xaneiro, celebrouse o Día da Paz o CEIP Plurilingüe Abanqueiro. 
Levantamos un "muro da paz" ao que cada alumno e alumna aportou un ladrillo con unha frase, un lema ou un debuxo a favor da Paz.
Cada aula estivo traballando nesta actividade ao longo de varios días, para posteriormente facer unha actividade conxunta a nivel de centro.
Ademáis, ao remate da construcción do muro, baixamos ao Salón de Actos tódolos cursos a cantar unha canción que se estivo preparando durante días:  "La Muralla", Ana Belén y Victor Manuel.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Preparando o Día da Paz 2014

Dende a clase de relixión, preparamos un mural e outros traballos para a celebración do Día da Paz 2014. Estes son os traballos feitos polo alumnado de relixión, que poderás ver a maior tamaño na Galería de Imaxes xunto cos traballos do resto das aulas.

Calendario 2014 do colexio de Abanqueiro.

Este é o calendario que elaboraou o Equipo de Dinamización Lingüística para o ano 2014 e que tódalas familias xa debedes ter na casa.

Empezamos co reparto de froita nas merendas.

O vindeiro 20 de xaneiro, empezaremos co reparto de froitas nas merendas, dentro do Plan de Consumo de Froitas nas Escolas.

Entre as datas do 20 de xaneiro (luns) e ata o 7 de febreiro (venres) ,ámbolos dous incluídos, o centro repartirá diferentes froitas, polo tanto pregamos que non lles manden as merendas habituais dende a casa.

Queremos pedir tamén a colaboración das familias para concienciar ao alumnado na importancia do consumo de froitas nunha alimentación sá e equilibrada.

Festival Nadal 2013

Celebramos O Festival de Nadal 2013, onde todo o alumnado dende Infantil ata Primaria reporesentou diferentes actuacións para as familias. Aquí tes algunhas imaxes.

Gracias a Lola (nai de Jorge Fajardo) pola súa colaboración aportando imaxes e videos.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Plan de Consumo de Froita nas Escolas - Curso 2013-2014

O noso centro, un ano máis vai participar no Plan de Consumo de Froita nas Escolas.

Queremos concienciar ao alumnado e ás familias do importante do consumo das froitas nunha boa alimentación. É por iso que vos pedimos a vosa colaboración ao respecto.

Informarásevos en todo momento das datas concretas en que o alumnado vai a recibir froita para o seu consumo no centro. Repartirase froita gratis a todo o alumnado de Infantil e Primaria durante o recreo.

Actuacións Festival Nadal 2013

O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións:

1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º.

2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria.

3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos.

4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos.

5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos.

6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria.

7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria.

Celebramos o Nadal 2013

Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias.

Algunhas imaxes:

Magosto 2013

Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes.

E non puideron faltar as castañas asadas.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Samaín e Halloween 2013

A semana do 28 de outubro celebramos Samaín e Halloween. O alumnado trouxo as súas cabazas decoradas ao colexio, e o 30 de outubro foi o momento de vir disfrazados para a ocasión: monstruos, meigas, e todo tipo de personaxes relacionados con Samaín e Hallowwen.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Dispoñibles as imaxes de Inmersión Lingüística en Cuenca 2013

Xa podes ver as imaxes do viaxe que fixo o alumnado de Inmersión Lingüística ao campamento de Cuenta.

Imaxes na Galería

Celebramos o Magosto 2013.

Este ano celebraremos o Magosto por todo o alto. Haberá xogos populares y diferentes actividades, e por suposto, non pode faltar a degustación de castañas asadas.


O horario será de 9:00 a 13:30 horas, habendo clase só pola mañá. O comedor terá o horario de 13:30 a 15:30 horas. Lembarmos que non hai servizo de autobús ao rematar o comedor, polo que terá que ir a recoller ao neno/a.

O CEIP Plurilingüe Abanqueiro inicia un novo sistema de comunicación coas familias.

Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. 

Empezamos con gañas renovadas e con novas ideas. Queremos, máis ca nunca estar en contacto coas familias e que a comunicación familia-escola sexa o máis efectiva posible. É por iso, que neste novo curso 2013-2014, dende o CEIP Plurilingüe Abanqueiro, iniciamos un novo sistema de comunicación coas familias.

Distribuir contido