5 anos

Misión quedarse en casa.

Estimadas familias, queremos deixarvos tamén un conto que nos pode axudar a que os máis pequenos/as entendan a importancia que ten quedarnos na casa e non poder saír á rúa. Sabemos que é unha misión difícil, que para eles e para nós van a ser días complicados, pero entre todos conseguiremos que isto remate canto antes, e dentro de nada poidamos estar todos/as xuntos/as desfrutando do noso día a día.

Un saúdo.

Actividades para desenvolver durante a suspensión da actividade lectiva.

Estimadas familias ante a suspensión da actividade lectiva a causa da situación actual, dende o equipo de Educación infantil mandamos unha batería de xogos, traballo con contos e actividades impresas, diariamente iremos publicando a forma de organizalas. Tendo en conta que non van ser actividades avaliables, polo que todo canto poidan facer non será para adiantar contidos senón para repasar o xa visto e ofrecervos ás familias unha serie de posibilidades coas que traballar. 

Distribuir contido