Ed. Infantil.

Aniversarios mes de Febreiro

Onte celebramos os aniversarios do mes de Febreiro.

Os homenaxeados foron David da clase de catro anos e Alessia da clase de tres anos.

Moitos parabéns aos dous.

 

Aniversarios mes de Xaneiro

O último mércores do mes de Xaneiro celebramos os aniversarios de Sara, Noa Fernández e Noa Romay. Parabéns ás tres.

Aniversarios de decembro

Como vén sendo costume, xuntámonos as aulas de infantil para celebrar os aniversarios das persoas nacidas neste mes de decembro.
Pasámolo xenial bailando e cantando no ximnasio!!! Graciñas e parabéns familias!!!

Aniversarios de decembro

Aniversarios de Novembro

Remata o mes e xuntámonos para celebrar os aniversarios das nosas compañeiras.

Parabéns a Martina, a Carmen e a Lía!

Día da Diabete con ANEDIA

Hoxe é un día especial na nosa escola: conmemórase o día da diabete, que a partir deste curso está presente no noso día a día.

As amigas de ANEDIA trouxéronnos a Raquel Queizás e aos seus contos para axudarnos a entendela e saber actuar. E que ben o pasamos!!!

Baila Roque, baila

O alumnado de infantil fomos ao teatro coa xente dos outros coles do concello!!! Pasámolo en grande e achegámonos á realidade dos contacontos e os guiñois. Graciñas ao Concello!!!

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS

Como xa fixeramos en setembro coa xentiña nacida na época estival, este mes xuntámonos as aulas de educación infantil para celebrar os aniversarios do mes de outubro. Música, merendola e festa rachada!

INICIAMOS PROXECTO DO MAR

Grazas á colaboración de Carolina e Aitana, tivemos unha performance no areeiro: convertímonos en mariscadoras e mariscadores por un día!!! Aprendemos como se faena e que mariscos viven principalmente nas nosas praias. Graciñas familias por axudarnos a aprender xogando!!!

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

"YA LLEGÓ LA NAVIDAD"- INFANTIL 2014

TURRÓN E MAZAPÁN- INFANTIL-2014

Visita a Queixerías BAMA

O 25 de marzo o alumnado de Infantil visitou a Queixería Bama Arquesan en Touro.

Durante toda a xornada estiveron visitando as instalacións  e vendo todo o proceso de fabricación. Incluso tiveron a oportunidade de probar a vestimenta que se usa na fabricación do queixo: gorros, delantais...

A merenda, como non podía ser doutra maneira, fíxose con bocadillos de queixo Bama.

Logo dun momento para o xogo, chegou a hora de traballar, e cada alumno e alumna elaborou o seu propio queixo que nuns días recibirán no colexio.

Os bombeiros: traballando as árbores en 5 anos.

O alumnado de Infantil está a traballar diferentes unidades didácticas tomando como tema central as árbores, e sobre todo as árbores do noso entorno.

É importante coidar a nosa natureza e a vexetación que nos rodea, e para iso, entre outros, están os bombeiros, que interveñen cada vez que hai un lume.

Na aula de 5 anos de Infantil, teñen un recuncho onde ver diferentes ferramentas e utensilios que utilizan os bombeiros no seu traballo:

Distribuir contido