Relixión / Alternativa

VISITA POLA VILA DE NOIA

     Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos una saída  relixioso-cultural pola vila de Noia,que celebraba o 850 aniversario da súa fundación e como Portus Apostoli.

DÍA DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos coma sempre o "Día da Paz". Este ano, os nosos alumnos e alumnas traballaron ao redor do vídeo " A disputa das cores", no que cada curso creou o seu propio lapis, cheo de debuxos e elementos que para eles evocan a paz. O resultado... no hall do noso colexio os atoparedes colgados!

Animádevos a visitalo e botarlles unha ollada!

FESTIVAL DE NADAL: "A LUZ DO MUNDO"

Este vídeo expresa a mensaxe do Nadal a través do nacemento de Xesús.

A representación foi organizada desde a área de Relixión e levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º, coa colaboración do alumnado de Infantil.

A disfrutar!

Preparando o Día da Paz 2014

Dende a clase de relixión, preparamos un mural e outros traballos para a celebración do Día da Paz 2014. Estes son os traballos feitos polo alumnado de relixión, que poderás ver a maior tamaño na Galería de Imaxes xunto cos traballos do resto das aulas.

Celebramos o Nadal 2013

Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias.

Algunhas imaxes:

Do carnaval á coresma

                                      

 

 

 

 

A coresma e o carnaval están relacionados histórica e socialmente.

No carnaval levábanse a cabo actividades lúdicas e de divertimento para logo suprimirse na coresma.

A palabra carnaval vén do latín CARNE-LEVARE,que quere dicir levar a carne;isto iba asociado á coresma,periodo onde non se podía comer carne(debido a isto, como non se podía conservar moito tempo comíase toda  no carnaval,dahí veñen os escesos das comilonas .

 

Distribuir contido