Ed. Infantil.

Outras actividades que fomos facendo.

A continuación deixámosvos un vídeo con algunhas das fotografías que nos enviáchedes.

Algunhas das actividades foron propostas polas mestras e outras fíxoas o noso alumnado por iniciativa propia.

Esperamos que vos guste.

2 de abril Día Mundial da Concienciación do Autismo

               https://youtu.be/_RmmHbfQOxU             

O 2 de abril celebramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo.

Aquí vos deixamos o vídeo que realizamos coas fotografías dos corazóns azuis que nos mandáchedes. Esperamos que vos guste moito.

Temos outro arco da vella!

Mateo, da clase de 3 anos, pasouno tan ben debuxando o seu arco da vella que quixo facer outro, un pouquiño máis grande, para colgar na parede do salón da súa casa.

Mirade que bonito lle quedou.

Retos de super heroes: facemos zume de laranxa.

Todos os días as mestras nos propoñen facer un reto de super heroes: comezamos lavando as mans, debuxando o virus nunha das nosas manciñas para ver se ao longo do día éramos capaces de borralo, tamén lemos algún conto, creamos o noso propio virus, etc., e como bos super heroes tamén tivemos que facer un zume de laranxa e..., tomalo!! Pois como ben sabemos a vitamina C vainos moi ben para fortalecer as nosas defensas.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías que nos foron chegando. Esperamos que vos gusten.

Facemos pompas de cores.

A semana pasada as mestras propuxeron como actividade facer pompas de xabón.

Para poder facelas necesitábamos:

Fotos das creacións dos virus que crearon os nosos alumnos.

A semana pasada propuxemos como actividade que cada neno debuxase ou crease o virus como el desexase.

Estas son algunhas das fotografías que nos ides enviando.

Amelia, da aula de tres anos, enviounos a maqueta do seu virus. 

Outras actividades que nos van mandando os nosos compañeiros.

Hai algúns compañeiros que nos van enviando algunhas fotografías dalgúns traballos que van facendo, pola súa conta.

Deixámosvos con algunhas fotografías das que nos mandaron.

Zeltia, da aula de 5 anos, creou a súa propia mascarilla para protexerse contra o COVID-19

PARABÉNS LUCÍA, JUAN CARLOS, CANDELA E NICOLÁS!!!!!

Hoxe é o último mércores do mes de marzo e, sabedes que tocaba facer na escola?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras.

Polo de agora non estamos indo á escola, pero sen a vosa felicitación non quedades.

Estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil

Boas familias! Aquí vos deixo un pequeno taller de estimulación da linguaxe oral, pensado para desenvolver na casa cos nenos e nenas da etapa de Educación Infantil.

Ánimo, e que o desfrutes xuntos.

Recordovos o correo que estamos empregando estes días por se necesitades resolver dúbidas, consellos, orientacións ou ideas.

orientacionabanqueiro@gmail.com

Calquera cousiña estamos en contacto.

Un saúdo: A mestra de Audición e Linguaxe Bea.

Espantavirus.

A semana as mestras propuxéronos facer unha actividade moi chula para evitar que os virus entrasen nas nosas casas. A actividade consistía en facer un Espantavirus e logo colgalo na porta da casa ou nunha ventana.

Para iso necesitamos:

Máis experimentos.

Outra das actividades que propuxemos a semana pasada foi descubrir como funcionan os virus, e ver así cal é a importancia do lavado das mans.

                                                   

Experimentos que fixemos estes días nas nosas casa: Plastilina

A semana pasada propuxemos como actividade facer diferentes experimentos.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías que nos enviaron as familias do ben que o pasaron os nosos alumnos e as nosas alumnas facendo plastilina caseira.

Máis fotos dos arco da vella.

Seguen chegando máis fotos dos arco da vella que están facendo os nosos alumnos:

Máis fotos da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa#

Séguenos chegando máis fotografías da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa#

      Sara da clase de 5 anos co seu arco da vella

      Eloi da clase de 5 anos tamén nos enviou o seu arco da vella.

#todoiraben#, #euquedonacasa#

Xa empezan a chegar os primeiros debuxos da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa#   

                        Lara da aula de 3 anos tamén nos fixo chegar o seu debuxo.

                   Andrea da aula de 5 anos co seu arco da vella.

Distribuir contido