blogue deveronicavarela

RALLY DE MULTIPLICAR

Ola nenos e nenas! Aquí vos deixo o prometido.

 Practicade as táboas de multiplicar con este súper xogo divertido  de carreiras de coches. Espero que gocedes moito xogando e aprendendo.

https://www.tablasdemultiplicar.com/carrera-de-multiplicar.html

Debaixo da pantalla hai unha breve explicación de como se xoga ao Rally de multiplicar. Lede antes de xogar.

CONTIÑOS

Ola boa tarde a todos e todas!!!

Hoxe como é  o día do libro quixera compartir esta colección de contiños tan bonita . Botádelle un ollo porque son moi chulos. Aquí achego un  enlace onde podedes ler unha morea de contos en galego. Hai unha gran colección  denominada CONTIÑOS: A RATA LUÍSA - O MORCEGO ROQUE- OUTROS CONTIÑOS         

http://www.adelaleiro.com/v/3/Cat%c3%a1logo-de-descargas/Conti%c3%b1os/Conti%c3%b1os/8.aspx

A gozar coa lectura!

Taller de Intelixencia emocional

Boa tarde a todos e todas!

Continuamos co noso emocionario. Esta semana imos traballar a emoción da estima. E que entendemos por estima?  Pois ben, a estima é a consideración que se ten por algo ou alguén. Trátase do afecto, a simpatía ou o apego que xurde polas características ou a calidade de aquel ou aquilo que se estima.

Pois para saber máis. Imos traballar esta emoción con este material que vos achego.

Espero que vos guste!

Para calquera cuestión, aquí tedes o noso enderezo: orientacionabanqueiro@gmail.com

Un saúdo!

CHOLO E NELA COVID QUE TE VIN

Bo día a todos e todas!!

Hoxe para alegrar a mañá do luns, déixovos aquí unha canción moi marchosa.

Cholo e Nela non descansan aínda que están, coma nós, en período de confinamento. Con esta nova canción dannos pautas para loitarmos e vencermos o coronavirus.

Taller de Intelixencia emocional

Bo día a todos e a todas! Desexo de corazón que esteades todos ben. Mándovos moita forza e ánimo.

Continuamos co noso taller de INTELIXENCIA EMOCIONAL. Esta semana toca a emoción do COIDADO.

PAPIROFLEXIA

Boa tarde a todos e todas!

Propoñémosvos unha actividade de papiroflexia para realizar neses momentos mortos do día e que ao mesmo tempo vainos axudar a traballar a atención, psicomotricidade fina, coordinación entre outras moitas.

Imos crear unha caixiña de papel de refugallo que podedes empregar para o que vos queirades. Podedes decorar o papel con cores chulas. Se seguides os pasos deste titorial que axuntamos vaivos a ser moi doado.

Moita sorte a todos!!!

Nós tamén creamos!!

Aquí vos deixamos unha curtametraxe moi divertida que ten por título: "A mellor sopa do mundo" creada polos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Zas, Provincia de A Coruña. Esperamos que vos guste!

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-mellor-sopa-do-mundo-do-ceip-labartapose

Nota informativa.

Queridas familias:

Taller de Intelixencia emocional

Boas tardes a todos!

Comezamos o noso taller de intelixencia emocional!!!

Deixovos aquí unha actividade moi bonita. Sabedes? fala da dulzura, esa emoción tan importante nas nosas vidas, que nos leva a actuar de forma amable e agarimosa. Espero que vos guste.

Un abrazo a todos e todas.

Distribuir contido