Educación física

CAMPO A TRAVÉS 2019

Un curso máis, o noso alumnado, xunto co alumnado dos colexios do Concello de Boiro, puido participar no campo a través organizado polo Concello de Boiro.

Para ver as imaxes premede no seguinte enlace:

IMAXES

ESGRIMA

O mércores 22 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, desfrutaron no colexio aprendendo e practicando esgrima. Araceli Bugallo, mestra de Educación física e campioa nacional de esgrima, foi quen impartiu a clase.

A continuación, para poder ver as imaxes,  premede no seguinte enlace:

IMAXES ESGRIMA

XOGADE NO PRAIA XARDÍN

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Praia Xardín

XOGADE no Santa Baia

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Santa Baia.

VISITANDO LENDAS EN A CORUÑA

O pasado martes, 11 de decembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, xunto co seu profesorado, foron á Coruña a ver unha exposición sobre lendas do deporte. Ademais, aproveitaron para visitar a Torre de Hércules e o Acuarium.

XOGADE EN CABO DE CRUZ

O alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participou na actividade XOGADE, na que se xuntaban con outros centros da zona e realizaban actividades deportivas. Aquí tedes tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo a Cabo de Cruz.

CAMPO A TRAVÉS

O mércores 23 de xuño, o alumnado do noso centro de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º participou, xunto co alumnado dos demais centros do Concello de Boiro, no campo a través organizado polo mesmo. Aquí tedes unha pequena mostra.

XOGAMOS COAS 3 Rs

PRIMEIROS AUXILIOS 2017

DUATLÓN BOIRO 2017

O xoves 16 de febreiro, os colexios do Concello de Boiro participaron no Duatlón escolar 2017.

Aquí podedes ver unha pequena mostra desta proba.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ANIMARVOS A PARTICIPAR!!!!

SAMAÍN 2016

I XOGOS OLÍMPICOS INTERCENTROS 2016

O martes 21 de xuño celebramos no noso colexio os "I XOGOS OLÍMPICOS INTERCENTROS CEIP ABANQUEIRO- CEIP ESCARABOTE". Neles participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de ámbolos dous centros, pasando unha xornada do máis agradable.

Aquí poderedes ver o desfile inaugural que fixemos para abrir os xogos, no cal estaban representados un total de 8 países dos diferentes continentes. 

Cada grupo realizou un total de 8 probas do máis variopintas: aro- cesto, goalball, lanzamento de avións de papel, indiaca ball, ultimate, coreografías grupais, palabras olímpicas e carreiras con antifaz.

HABILIDADES XIMNÁSTICAS 5º

Os nenos e nenas de 5º estiveron traballando nesta unidade didáctica de EF, a familiarización e mellora de diferentes habilidades ximnásticas. Nas últimas sesións, eles mesmos crearon diferentes figuras combinando algunha das habilidades traballadas.

TALLER DE 1º AUXILIOS COA ASC BOMBEIROS DE GALICIA

Este martes, 16 de febreiro, os nosos alumn@s de 6º participaron nun taller práctico de primeiros auxilios impartido pola ASC Bombeiros de Galicia.

PRIMEIROS AUXILIOS EN LIPOTIMIAS 6º

Neste caso é o alumnado de 6º o que nos explica que debemos facer no caso de sufrir unha lipotimia ou desmaio.

Estade moi atentos ao que nos contan!

De novo, moitas gracias pola vosa implicación.

Distribuir contido